O festival audiovisual «Pé na Curta» é unha iniciativa da Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU) dentro das actividades de celebración do noso 20 aniversario, para reunir á comunidade amante do cinema e da natureza.
Queremos compartir experiencias, proxectar talentos e crear espazos de reflexión e inspiración a través das curtametraxes, actividades paralelas e o encontro entre as persoas.
Así, o festival conta con 3 bloques importantes: o concurso de fotografía, o concurso de curtas e o festival audiovisual, onde, ademáis das grandes ponencias, se proxectarán as curtas finalistas.
