Dani Andrada

🗓️ 29 de novembro – Centro Cultural Marcos Valcárcel

Considerado un dos grandes referentes da escalada deportiva a nivel mundial, Dani Andrada leva máis de tres décadas dedicado a abrir vías e superar límites. O seu nome está ligado a máis de 4000 encadenes de vías e problemas de bloque, sendo algúns dos máis duros do planeta, e a un estilo de vida marcado pola paixón absoluta pola rocha.

Na súa ponencia en Pe na Curta, Dani compartirá experiencias, anécdotas e reflexións sobre unha traxectoria que inspira a xeracións enteiras de escaladores e escaladoras.

Podes reservar o teu asento aquí.

Ana Isabel Martínez de Paz

🗓️ 28 de novembro – Centro Cultural Marcos Valcárcel

Nesta 1ª edición de Pé na Curta teremos a sorte de escoitar a voz e a experiencia de Ana Isabel Martínez de Paz, montañeira leonesa que fixo historia ao ser a muller que máis veces alcanzou a cima do Urriellu.

Ao longo da súa carreira percorreu montañas de Europa, África, Asia e América, sumando ascensións en lugares emblemáticos como os Alpes, o Atlas, o Ararat ou os Andes.

Autora e coautore de varia obras sobre montaña e natureza, foi recoñecida coa Medalla á Traxectoria Deportiva da Federación de Montaña e Escalada de Castela e León (2018) e co Trofeo do Centenario da Federación Española (2022).

Podes reservar o teu asento aquí.